O pouco que fixo o fixo ben.
Gran asistencia a Aspas no gol anulado (de chiste que iso se considere fora de xogo).
Logo meteulle outra boa asistencia a Iago pero éste non foi capaz de enganchar o balón por centímetros.
Bo desmarque e Iago lle deixa man a man contra o porteiro, arma ben a perna e saca bo disparo cruzado que tiña toda a pinta que ía dentro, magoa que o defensa estivo rapidísimo e o taponou, para min ahí Tasos o fixo todo ben pero o defensa moi atento e sobresainte.
E sobre todo, estiveron sempre moi encima del e estou seguro que lle fixeron ata 7 ou 8 faltas tranquilamente, lle deron ata no dni, e que non lle deixaban nin xirarse cara a portería rival...
É un dianteiro con pintaza, pero este ano vai estar máis vixilado polos rivais que xa o van coñecendo,
o problema é que está moi só arriba, necesita alguén que lle libere de marcas, ademáis que temos un mediocampo inoperante total... si non somos capaces de pasar de mediocampo a él non lle van chegar balones, ese é un dos problemas e que él tamén vai notar.... e o outro pois que está él só contra a defensa.... quizáis lle beneficiaría xogar xunto a Swedberg ou incluso Borja...
Iso sí, con Aspas se entende de maravilla, e hoxe quedou patente de novo.
E repito, non soamente é un rematador, é un xogador que tamén ten intelixencia á hora de asociarse cos seus compañeiros, e de vez en cando tamén da algunha que outra asistencia a compañeiros que non acaban en gol por pouco (ou anulado como hoxe)....
Para min, do mellorcito que temos.... si os xogadores do Alavés non paraban de facerlle faltas e estaban sempre encima del por algo será, porque saben que éste tipo ten perigo.