O día que Douvikas falle 3 ocasións de gol nun mesmo partido podremos empezar a comparalo con Larsen...
E partidos así o noruego tivo varios eh.
Estes dous primeiros partidos Tasos non meteu gol, pero acaso tivo situacións claras para poder facelo?
Bueno, a do Alavés o outro día, e o tipo armou o disparo pero o defensa se tirou con todo a tapar ese disparo, que pola traxectoria que levaba o balón tiña moitas probabilidades de acabar dentro....
Os que nos queixamos de Larsen imaxino que era pola cantidade de ocasións que fallaba, de momento a Douvikas non lle vexo errar nin por asomo tanto como ao noruego, é un tío moito máis efectivo cara a portería, creo que isto o pode ver calqueira.
Ademáis non entendo porque aquí se sigue chorando por Larsen, un tipo que dende o primeiro día que pisou Vigo xa estaba pensando en que lle chegara unha boa oferta da Premier para pirarse, en canto chegou a primeira oferta nin o pensou.... aquí soamente se critica ao club, pero é que o primeiro que quería irse era o noruego, por moi tribuneiro que sexa.... agora xa está na Premier, cumpliu o seu verdadero sono, agora él é un home feliz no lugar onde verdadeiramente quería estar, a ver si aquí o celtismo o superamos dunha vez..... agora están Douvikas, Borja e Durán, neses tres temos que pensar, nos que están aquí.... Larsen xa é historia, por moito que supostamente fose a hostia como xogador (cousa que eu sigo sin velo) xa non vai volver aquí, soamente éramos un club trampolin para él e xa non vai volver.