Sorrir si que o fai, en varias fotos e videos o podes ver. Si sorrie ao celebrar goles non sei, a verdade non me teño fixado.
A min de primeiras pareceme un bo tipo, quizáis un pouco serio ou reservado, nada que ver cos tribuneiros que soen engalanar a Balaidos.
Para min o único pero que lle pondría é que polo visto non sabe falar outro idioma que non sexa o inglés, e parece ser que tampouco ten moito interés por aprender o castelán.
Polo menos, nos videos que sube o Celta ao Instagram onde él é o protagonista e o escoitas falar, fala sempre nun perfecto inglés, nin sequera lle oin chapurrear algunha palabra en español e moito menos en galego. No video que sae na taberna tirando cañas con Iago, ou no da celebración do seu cumpleaños que lle traen a tarta e da un discurso, en ambos casos todo en inglés.
O que seguramente é indicativo que no día a día non o sacas do inglés nin a tiros, algo así mencionara Giraldez tamén.
Eu non sei, para min o máis importante é o rendemento no campo, e ahí o está a facer de 10... parece tamén un tipo agradable e que cae ben en xeral a pesar de ser reservado..... pero si no día a día e convivencia cos conpañeiros e xente do clube non se molesta en intentar aprender un pouquiño o idioma da empresa e lugar onde traballa, nin sequera aprender a chapurrear catro frases básicas e expresions así por encima.... pois iso influirá en que a súa integración no grupo non sexa completa....
Non sei qué opinión sinceira terá Tasos sobre o Celta, a súa estancia na cidade de Vigo, etc. pero este detalle de non molestarse en aprender a lingua dos compañeiros me parece un defecto a nivel profesional, e pode dar unha impresión ou runrun de que no fondo non se toma ao Celta e á súa xente moi enserio, ou que simplemente non está na súa intención quedarse a facer carreira no Celta...
Entendo que non lle apetezca aprender galego, pero me extraña que non se poña en serio a aprender castelán, cando aquí en España tes 3 equipos punteros como o Madrid, Barcelona e Atleti....
Igual pode que comparta soñó con Larsen de xogar nun clube da Premier, e por iso se limita a falar o idioma pirata...
A verdade é que non sei...
Independientemente diso, me sigue encantando con xogador e en xeral me cae ben.
Pero sí recalco, no seu contexto particular que soamente fale en inglés e non aprenda español me parece como digo un defecto pola súa parte.... no campo todos se entenden ben pois o idioma do fútbol é universal, pero na convivencia cos compañeiros fora do campo, nas concentracións, hoteles, comidas, horas mortas que pasen xuntos, etc. pois a verdade non sei como será, pouco ha de falar con eles si soamente sabe inglés, e seguramente o resto dos nosos xogadores de inglés saberán pouco ou nada, así que....