📌 Off-topic

Sitios que visitar en Galicia: comparte os teus favoritos!

Celestino · 31/07/2025 20:38 · #msg86


Abro este fío para que compartamos entre todos eses recunchos especiais de Galicia que paga a pena coñecer: aldeas con encanto, praias agochadas, rutas de sendeirismo, miradoiros, sitios para comer ben ou calquera lugar que te sorprendera algunha vez.


A idea é que quen queira facer unha escapadiña ou descubrir sitios novos teña aquí unha boa fonte de inspiración. Pode ser calquera punto de Galicia, tanto coñecido como deses que non saen nas guías turísticas.


Se queres aportar, sería xenial que poñas o nome do lugar, onde queda, e se queres tamén unha foto ou unha breve descrición de por que che gusta ou que recomendares facer alí.


Comezo eu no seguinte comentario… 😉

Celestino · 31/07/2025 20:39 · #msg87


Se vos gusta a historia e os lugares cun toque máxico, recomendo visitar o Castro de Borneiro, no concello de Cabana de Bergantiños. É un dos castros mellor escavados e sinalizados de Galicia, e está nun entorno precioso rodeado de monte e carballos.


A visita é libre e gratuita, con paneis explicativos e restos de vivendas circulares que datan da Idade de Ferro. É un bo lugar para ir con calma, pasear, e imaxinar como vivían os antigos galaicos.


Moi preto, a menos de 15 minutos en coche, tedes a praia e vila de Laxe, perfecta para completar a visita. Podedes desfrutar dun baño, pasear polo paseo marítimo ou comer peixe fresco nun dos restaurantes fronte ao mar.


Un plan perfecto para un día de verán con historia, natureza e mar.

Ratko · 01/08/2025 21:33 · #msg103
Recomendo totalmente que reserves unha visita guiada á Fortaleza do Castro, é un plan estupendo en Vigo. As entradas son gratuitas e necesitas facer a reserva en fortalezadeocastro.vigo.org .

Foi unha das experiencias que máis me gustaron: pasear por túneis históricos, descubrir a arquitectura defensiva e sentir a historia da cidade... todo acompañado por historiadores locais. Ademais, as rutas son accesibles e para grupos pequenos, o que fai a visita moi cómoda e enriquecedora .
Revivo · 06/08/2025 18:33 · #msg142
Onte pola noite estiven na praia da Carlota e púidose ver perfectamente o mar de ardora. Unha pasada. As ondas brillaban cun ton azulado cada vez que rompían na area, algo máxico de verdade.

Se tedes ocasión de ir hoxe ou mañá, eu non o dubidaría. Iso si, mellor ir cando xa está escuro e afastarse un pouco das luces, que se ve moito mellor. Hai anos que non o vía así de claro.
Celestino · 07/08/2025 08:47 · #msg145
Revivo escribió:

Onte pola noite estiven na praia da Carlota e púidose ver perfectamente o mar de ardora. Unha pasada. As ondas brillaban cun ton azulado cada vez que …


Desde Muxía, Fisterra ou mesmo o Ézaro tamén se pode ver, segundo me comentaron. Parece que este ano está sendo moi intenso.
Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0