Na xornada 2, o RC Celta visitará ao RCD Mallorca. O partido está programado para o sábado 23/08/2025 ás 10:00 (hora provisional). As datas e os horarios poden modificarse; este fío irase actualizando con máis información a medida que estea dispoñible.
📌 Partidos do Celta
J2 Mallorca - Celta
Baixas do Mallorca contra o Celta
De cara ao partido do sábado en Son Moix (23/08 - 17:00h), o Mallorca chega con varias ausencias importantes:
-
Muriqi → sancionado tras a expulsión contra o Barça.
-
Morlanes → tamén sancionado, dobre amarela no último encontro.
-
Samu Costa → dúbida por unha contusión no xeonllo.
-
Iván Cuéllar → molestias no xeonllo, tamén en dúbida.
🔵 Pola nosa parte, lembrade que Starfelt é baixa confirmada no Celta.
Aquí tes a lista de convocados e as baixas do RC Celta para o partido contra o RCD Mallorca.
Lista de Convocados
O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, convocou a 24 xogadores para o encontro no Estadi Mallorca Son Moix.
A lista completa é a seguinte:
Porteiros: Iván Villar, Radu, Marc Vidal.
Defensas: Óscar Mingueza, Sergio Carreira, Marcos Alonso, Mihailo Ristic, Carlos Domínguez, Yoel Lago, Javi Rueda.
Centrocampistas: Ilaix Moriba, Fran Beltrán, Manu Fernández, Damián Rodríguez, Bryan Zaragoza, Miguel Román, Williot Swedberg, Hugo Sotelo, Javi Rodríguez.
Dianteiros: Borja Iglesias, Ferran Jutglà, Iago Aspas, Pablo Durán, Jones El-Abdellaoui.
Baixas
O equipo vigués viaxa a Mallorca con catro ausencias notables:
Carl Starfelt: O defensa central é baixa por lesión. Sofre unha rotura de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda.
Hugo Álvarez: O canteirán non viaxa debido a que aínda se atopa débil tras superar un proceso gripal.
Joseph Aidoo: Fóra da convocatoria por decisión técnica.
Franco Cervi: Do mesmo xeito que Aidoo, non entra nos plans do adestrador para este partido e queda fóra da lista por decisión técnica.
C
A pesar das baixas, hoxe levamos os 3 puntos en Son Moix: 0–1 para o Celta.
1–2 para o Celta! Marcan Iago Aspas e Durán.
GoooLLLl de Javi Rueda !!!
Aquí vos deixo un pequeno resumo do partido de hoxe contra o Mallorca, que rematou con táboas no marcador (1-1). Un resultado que, sinceramente, deixa un sabor de boca agridoce.
O equipo adiantouse na primeira metade cun gol de Javi Rueda, tras unha boa asistencia de Hugo Sotelo. Parecía que tiñamos o partido onde queriamos, controlando lixeiramente a posesión e chegando con certo perigo.
Na segunda parte, o Mallorca apretou e buscou o empate con insistencia. Nós, pola nosa parte, non soubemos pechar o partido e pagámolo caro. Cando xa case acariciabamos os tres puntos, Mateu Morey marcou para o Mallorca, poñendo o 1-1 definitivo. Incluso houbo un momento de tensión cunha revisión do VAR por un posible gol local, pero a decisión inicial mantívose.
A nivel de estatísticas, aínda que tivemos máis o balón, eles remataron máis veces a porta. Houbo tamén varios cartóns amarelos para ambos equipos, incluíndo a Iago Aspas e Hugo Sotelo, pero sen ningunha expulsión.
Accede para responder. Acceder