J3 Celta - Villarreal
Aínda estou tremendo co final do partido en Balaídos! Cando parecía que se nos escapaba outra vez, chegou o de sempre, a fe, a loita ata o final e un gol que sabe a gloria bendita.
O partido foi moi pelexado, como se esperaba. O Vilarreal adiantouse cun gol de Pépé na segunda metade (minuto 52) despois dunha boa xogada deles. A verdade é que pintaba mal a cousa, e víase ao equipo tentando e tentando sen atopar o premio. Giráldez moveu o banco buscando solucións con Williot, Hugo Álvarez e, por suposto, Borja Iglesias.
Parecía que non había maneira, que hoxe tocaba marchar para a casa coa derrota... PERO NON! Este Celta ten algo. No minuto 93, co tempo case cumprido, apareceu o noso Panda! Borja Iglesias cazou un balón na área e mandouno para dentro para poñer o 1-1 e facer estoupar Balaídos!
Que subidón, que alegría! Este punto é osíxeno puro e demostra que este equipo nunca se rende.