A min paréceme xenial que me contesten, dun xeito ou doutro. Do mesmo xeito, gústame contestar, dun xeito ou doutro, xa sexa para seguir ou para, pola miña banda, dicir que non vou continuar con certos temas por X razóns.
Penso tamén que teño dereito a dicir: non me interesa seguir falando de X ou Y por isto ou por aquilo, non? Aquí non hai máis púlpitos ou cátedras que as que queiras ver.
Non defendiches o que fai Israel, é certo, penso, pero atacaches a quen ataca Israel usando o seu mesmo argumentario. Sempre xogas á equidistancia, pero nas discusións sempre ocupas o mesmo espacio ideolóxico, e sempre saltas na mesma direccion (moi equidistante), por iso precisamente non me interesa seguir o debate neste caso particular, porque só vale para encerellármonos, facer mal sangue e non chegar a ningures.
Espero que isto cho aclarase. Boa finde e sorte mañá co Girona.
Edito e engado: e non pretendo que o tomes como un ataque persoal, que non o é, ou non pretendo que o sexa. Es libre de pensar e opinar como consideres, faltaría máis. Do mesmo xeito, eu tamén podo opinar e non entrar en determinadas cousas dadas as dinámicas en certos temas entre ti e máis eu. Iso non implica que teña nada contra ti persoalmente.
Pois paréceme moi ben que cando queiras deixar de falar o fagas, pero se o adornamos coas coletillas de "quen quere entender entende", "non vou perder máis tempo", etc, pois que queres que che diga, colócaste nun plano astral superior e tratas con condescendencia a quen non pensa coma ti.
Pero, oes, alá ti. Que eu non veño aquí a dar leccións de comportamento nen educación.
Home, tócate o carallo. Pois claro que ataco a Hamás/Hezbolla usando o argumento que utiliza Israel. Por qué os vou atacar logo? Por que non me gusta o verde? Polo seu outfit? Porque son do Barça?
É que me cago na cona, é increíble chegar a este nivel de reduccionismo. Se estás en contra de Hamás/Hezbollah eres un fanboy de Israel. Pois moi ben, home. Sigue coa túa lóxica binaria. En informática e electrónica é moi válida, pero na vida real vaite dar algún que outro disgusto.
Parafraseando a Felipe González: "Porque Franco no tenga ganas de mear, yo no me voy a aguantar las ganas".
E non xogo a nada, meu. E aínda que o fixese, intento poñer argumentos na discusión, non vou calificando as persoas ou colocandoas en casilleiros nos que creo que están situadas.
Se tomas calqueira discusión como un Barça-Madrid no que hai que tomar partido por un bando, pois moi ben por ti. pero permite que haxa xente que non queramos entrar nesa dinámica.
E como xa dixen fai tempo, a min este conflicto supérame o suficiente como para tomar partido. Dous bandos que levan case que 100 anos dándose de hostias e sen a máis mínima intención de parar, pois que queres que te diga, que sigan mentre non me toquen os cullóns.
Ademáis, que por conflictos hai unha chea no mundo e non vexo á xente tan polarizada:
- con quen hai que ir na persecución dos Rohingyas en Birmania?
- por quen tifamos na guerra civil de Sudán?
- no conflicto que estase a cocer entre Exipto e Etiopía, quenes son os bos?
- as masacres e persecución de cristianos que están a acontecer en Nixeria, Camerun e toda África Central con quen imos? Cos Boko Haram ou con quen?
- China ou Tibet?
E así todo. Como eu non o teño claro en tódolos casos, pois son un equidistante.
Expectantes estamos que veñas aquí a aleccionarnos con quen é o bon e o malo en cada película.