Estando dacordo co fondo da mensaxe, tamén creo que pintas a situación de forma que favoreza o teu relato. "Fontán e Carreira porque xa os puso e non desentonaban", acaso ese non debería selo caso sempre? Están no B, destacan, teñen minutos e acaban subindo. Se agora subisen a Miguel directamente tampouco contaría? Total xa subiu e demostrou que non desentona. No caso contrario, tamén demostraran Iker e Gabri que podían aportar e non os promocionaron, a un o reclamou o adestrador e ao outro deixárono marchar.
Fontán foi promocionado ao primeiro equipo polo clube en contra da opinión do adestrador, que nunca confiou nel, a pesar de que por esa decisión tivo que pasar un ano case en branco.
Carreira creo lembrar que subiu por contrato, tivo que saír cedido porque o adestrador non quería nin telo diante (o primeiro ano descartouno antes de empezar e o segundo na primeira semana), pero aínda así o clube asegurouse de telo amarrado cunha renovación. O caso de Carreira é curioso porque se aínda está no Celta é porque o clube o amarrou... a pesar de que tódolos anos parece que molesta.
Agora parece que van a promocionar a Carlos, quen tamén demostrou que pode dalo nivel. Con Coudet apenas contaba se non había baixas, Carvalhal falaba moi ben del pero non o poñía a xogar nin que lle mataran e Benítez non o puido pedir porque isto se falaba xa semanas antes de que chegasen a un acordo. Parece unha decisión de clube.
Está claro que a situación e moi, moi mellorable, pero tampouco é que o clube teña as portas pechadas a cal e canto. Despois podemos discutir por que o clube decide promocionar xogadores aos que despois lles pecha o sitio con fichaxes no seu posto, por que se satura unha posición onde hai xente prometedora no B (caso Borja Iglesias), por que ficha adestradores aos que lles da urticaria poñelos, ou por que o listón para subir está tan alto. Parece que ninguén vale nin como fondo de armario, cousa rara de carallo. Pero promocionar, si que promocionan xente (pouca, moi pouca).