Esta fin de semana deume por botar unha ollada ao histórico da categoría para ver quen serían os principais rivais e que tan reñida soe estar. Nos últimos anos houbo varios cambios de sistema, no número de equipos e grupos e non é tan fácil comparar, pero dende a 2021/2022 xa vemos o sistema de grupos con ascenso directo. Ao principio ascendían dous equipos, agora só o campión.
2021/2022: 14 equipos, máximo 78 puntos
1º Friol 58 puntos
2º Viajes Interrías 50 puntos
3º Sárdoma 47 puntos
4º Oviedo 47 puntos
Primeiro ano do Friol na categoría, despois de descender dende a Primera División B (a segunda dese ano, creo)
O Viajes Interrías xa xogaba na categoría, sendo un dos cocos do seu grupo (6 equipos).
2022/2023: 16 equipos, máximo 90 puntos
1º Sporting 78 puntos
2º Dep. Abanca 77 puntos
3º Avilés 65 puntos
Primeiro ano do Sporting na categoría, despois de descender dende a Primera División B (a segunda dese ano, creo)
2023/2024: 16 equipos, máximo 90 puntos
1º Avilés 75 puntos
2º Dep. Abanca 72 puntos
3º Olímpico León 58 puntos
O Friol, recén descendido, foi 6º con 49 puntos.
Parece claro que, se non lles desmontan o equipo, o Deportivo Abanca vai selo principal rival polo ascenso. Levan dous anos seguidos acariciándoo, pero a aparición de dous cocos privoulles dese premio. Os descendidos deste ano na Segunda Federación son dous equipos vascos (Athletic e Bizkerre) e un catalán (Espanyol B), así que non teño claro quen completará o Grupo I. Se non hai arrastres para equilibralos grupos non debería haber ningún recén descendido.
Ademáis do Abanca B, Vicky falaba do Friol coma posible rival. Hai varios equipos nesa terna (Friol, Lóstrego, León, Sárdoma) que poderían estar na pelexa dependendo do mercado, pero téñeno difícil ao competir con As Celtas polas mesmas xogadoras.