Actualidade de As Celtas
Wolverhampton ℹ️0 -0Celta
0
0
0
Sábado, 09 - 16:00:00Ofrecido por: Partidostv.com
Amistoso
Televisado por: No disponible | Molineux Stadium
Votaciones

A Canteira de As Celtas

  • 82 Respuestas
  • 2684 Vistas

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #70 en: Abril 28, 2025, 09:55:06 »
- O equipo infantil sigue arrasando na competición polo título galego. Levan pleno de victorias, só falta un partido e teñen oito puntos de vantaxe.

- A competición polo título galego cadete si que ten chicha e teño que correxir a miña mensaxe anterior. Non é unha liga entre os vencedores de cada grupo como na categoría infantil, senón que son eliminatorias entre os dous primeiros de cada grupo. As Celtas xoga os cuartos de final contra o Umia, segundo clasificado do Grupo 3. Ganaron na ida 0-4 e a volta xogarase o 11 de maio en A Madroa.
O outro equipo do Grupo 4 tamén é de Vigo. O Sárdoma perdeu 3-4 co Atlético Arousana, así que teñen que ir a Vilagarcía con todo para amarralo pase.

- Como era de esperar, esta foi unha semana aciaga para As Celtas B. As previsibles victorias de Boiro e Orzán devólveas ao terceiro posto: Orzán 70, Boiro 68, As Celtas 67. Quedan dúas xornadas, cun Boiro - Orzán na última.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #71 en: Mayo 05, 2025, 09:15:07 »
Todo sigue igual na primeira galega: Orzán 73, Boiro 71, As Celtas 70. A semana que ven remata a liga cun Boiro - Orzán, pero para As Celtas xa é imposible acabar líderes. Se ganan serán segundas sempre que non gane o Boiro. Ahí empataría a puntos co Orzán e, creo, estas estarían por diante.

Infantil e cadete descansaron.

* Ignorar Agustín Riobó
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #72 en: Mayo 05, 2025, 13:35:05 »
¿Eh?

?s=61

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #73 en: Mayo 05, 2025, 14:13:44 »
Nin idea, pero noraboa! Este ano a terceira RFEF vai ser unha fase autonómica, igual precisaban equipos para formala categoría?

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #74 en: Mayo 11, 2025, 11:09:09 »
Un empate no último partido impide o pleno de victorias do equipo infantil.

Unha victoria 3-0 (7-0 no global) certifica a clasificación a semifinais do cadete.
O Sárdoma, sen embargo, non conseguiu remontala eliminatoria.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #75 en: Mayo 12, 2025, 11:16:23 »
Semifinais polo título galego na categoría cadete:
Orzán - Victoria CF
Atlético Arousana - As Celtas

O Atlético Arousana, campión do grupo 3, eliminou ao Sárdoma tras ganarlle os dous partidos: 3-4 e 5-2. Creo que o partido é o próximo sábado.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #76 en: Mayo 18, 2025, 09:47:32 »
Victoria CF 1 - 0 Orzán 
Atlético Arousana 0 - 5 As Celtas

A volta será a semana que ven.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #77 en: Mayo 29, 2025, 03:34:19 »
Estou de viaxe e non tiven tempo para pasar moito por aquí, pero no partido de volta o equipo cadete meteulle outro 0-5 ao Atlético Arousana. 

Este domingo xogarán a final polo título galego ante o Orzán, que tamén ven de apalizar (7-1) ao Victoria CF. Creo que o partido se xogará en A Coruña.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #78 en: Junio 02, 2025, 03:06:46 »
Campioas! Victoria 2-1 nun partido parece que bastante disputado. E alí estaba Xisela coas rapazas, por certo.

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #79 en: Junio 17, 2025, 09:10:12 »

* Ignorar Breogán
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #80 en: Junio 17, 2025, 10:58:25 »
Menudo éxito deportivo! E saíndo este ano coa premisa só de competir xa que somos equipo novo.. E non só se fixo extraordinariamente senón amáis gañando a canteiras xa establecidas de anos. Parabéns as rapazas e o clube pola implicación no proxecto

* Ignorar Agustín Riobó
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #81 en: Junio 19, 2025, 21:13:56 »
?s=61

* Ignorar Pi_elNumero 🛡️
Re: A Canteira de As Celtas
« Respuesta #82 en: Junio 25, 2025, 16:14:02 »
Hoxe As Celtas publica un twit anunciando que van de camino a Palencia para xogar un torneo. A cousa é que fala de equipos alevín e infantil.

 

El spam de este foro está controlado por CleanTalk
🚧 ForoDelCelta en obras 🚧

Es posible que durante su uso existan errores.

Acumulado: 90€ | Objetivo: 400€

* Al realizar compras a través de estos enlaces, estás ayudando a financiar el foro. ¡Gracias por tu apoyo!

📰
Noticias del Celta (hoy)