Bastante dacordo co comentado do partido do sábado. Só engadir dúas cousas:
Do equipo contrario destacaron (na miña opinión, se sobreentende) a número 18 que xogaba pola esquerda e foi a única que tentou algo na primeira parte e foi a que regateou na área no primeira ocasión das dúas que tiveron clarísimas na segunda. E a outra non lembro o número pero era a que levaba unha coleta longuísima e os pantalóns subidos, xogaba polo medio tirando pra arriba. Me atrevería a dicir que a que máis calidade tiña das 22, só ver como controlaba o balón xa era un espectáculo. Iso sí, de físico andaba xustísima, non sei nin como rematou o partido.
A outra cousa é o ambente que se viviu. Un ambente moi respectuoso e moi familar con moita cativada. De dez. A ver que tal o seguinte partido na Madroa, pero dáme no nariz que vaise quedar pequeno e cecáis rematen xogando en Barreiro. Veremos.