Onte vin un twit cun resumo dos ingresos extra que traería unha clasificación europea. Non sei que tan precisos son os datos pero non soa mal.
En resumo:
- Na liga, a diferencia entre ser 7º ou 11º supón 11 millóns. Sete máis se acabas 6º.
- En Conference cóbrase: 3 millóns por xogala fase de liga, 400 mil por cada victoria, 133 mil por cada empate, 400 mil por clasificarte entre os oito primeiros ou 200 mil para os seguintes, 200 mil por xogala repesca, 800 mil polos octavos, 1,3 millóns polos cuartos, 2,5 millóns polas semis e 4 millóns por xogala final. Máis 3 millóns se ganas. Logo, súmalle o ingreso extra nos abonos (subida de precio?), taquillas, televisións, etc.
- Na Europa League cóbrase máis, pero os rivais tamén son máis difíciles.
Eu con xogala Conference quedaba contento. O malo é a fase previa, que se te toca un coco manda ao traste con todo.