O Celta, como calquera outro equipo da Liga, é unha empresa que gaña ou perde cartos en función dos resultados deportivos. Se estes últimos dependen directamente (e cada vez máis) duns xuíces deportivos, este audio ven demostrar que, ben sexa por incapacidade ou por mala fé, hai unha mala praxis que afectou a ese resultado, habendo un prexuízo traducible monetariamente, non deberían dubidar do que facer.