Xa coñas aparte o que semella e o que máis me abraia é que hai un troco de perfil que sendo o orellas o que manda non me agardaba. Agardaba algo máis continuísta pra seguir tendo todo atado e ben atado. Sen embargo semella un perfil moito máis técnico e innovador, como se viñera a abrir fiestras e ventilar que cheira a cuco.
Permitídeme a comparativa pero é coma se nun Goberno de calqueira cor no canto de nomear ministro, conselleiro ou concelleiro a unha persoa de confianza de perfil moi político aínda que non teña que ver a carteira cos seus coñecementos, se nomea un especialista, incluso de fóra do partido aínda que ideolóxicamente sexa da túa corda pero non necesariamente militante. Ten pasado pouco pero ás veces pasa.
Este nomeamento me lembra un pouco a iso. A ver que sae de todo isto, demasiado bo pra ser certo, me temo