Perry, aquí non se critica que saian de cea, faltaría máis.
Eles están nunha especie de burbulla que lles garante que no seu traballo non se van topar con positvos case que con un 100% de seguridade. Así que por ahí, pouco risco de contaxio van ter.
O que se critica é que despois desa cea, seguisen a noite coma se nada. Esta xente non é coma ti ou coma min, eu se chego con 10 kg de sobrepeso o meu traballo vou render igual (ou mellor), eles non, eles débense o seu físico e saúde. Se o contaxio vén por un familar, compañeiro adestrando, etc, nada que dicir. Pero cona, estando como estamos, todo o mundo limitando as reunións, provocar un brote por non respetar o distanciamento social e hixiene persoal, nos locais de ocio nocturno, claro que é criticable. Tanto se es Fran Beltrán coma se es o meu primo.