O acto e partido de onte foi precioso, moi ben por parte do club e Marian interceder para a presencia de Maté e Otero. Erros cometemos todos, se logo rectificaran como neste caso, ningunha queixa. Están facendo xestiños de mellora e propósito de emenda. Pouco a pouco
Tema Figo: Michel Salgado e a directiva teñen que coñecer a afición que ten o seu equipo. A que tivo sempre. A afición "traga" con todo, pero gustaralles máis, ou gustaralles menos, hai liñas vermellas. A extrema dereita enmascarada de "falsa liberdade" e "defensa patrio barato" non se tolera por unha meirande parte. Foi unha manía que tivemos sempre ou polo menos nos 30 anos que lembro.
Ti podes non significarte, ser de dereitas, esquerdas, centro... Exemplos no club ao longo da historia tivemos a moreas de todos. Pero non se tolera aos fachas baratos con ansias de protagonismo. Pensar que onte non ía sair pitado era unha quimera.