Nós non, foi o señor Mouriño coma sempre. Sempre ten que facer algo para enfrontar e crispar á afección. Dentro de 2 meses tocará Caballero, logo algún xogador que mercadea con nenos, logo subida de prezos do abonos porque patacas, logo despedirá ao novo responsábel de marketing, despois castigará e apartará a canteiráns e xogadores do 1 equipo antes de que renoven, logo algún acto do PP na sede, comunicados para queixarse do estadio, quitar pancartas do estadio coa axuda da policía, a eliminación total do galego no clube (xa o fixo nas redes) e así seguirá co beneplácito dalgúns siareiros, ninguén lle para os pés.... Sempre algo novo con este cacique, él manda e decide e dálle igual os afeccionados e todo o que representa o clube
Parece mentira que algúns pensedes que isto é "algo de 1 día", "que non ten tanta importancia" e demáis.....
Non, isto é unha máis da forma ditatorial e alonxada dos siareiros deste cacique