A elección de C. Tangana é brutal. A falta de ver o resultado, para mín é un acerto enorme. Un tío cunha repercusión inmensa que arrasa coa mocidade española e latina. Un dos artistas máis queridos polas xeracións novas do mundo hispanofalante. E é celtista. Isto había que aproveitalo si ou si. Ben feito por parte do clube.
Eu imaxino unha canción que mesture castelán e galego. As partes do Tangana en castelán, e as partes de Xisco, Baiuca, etc. en galego. Xa hai algunha canción de Pucho así (Comerte Entera, que mestura castelán e portugués). Se se fai así, ademáis de ser unha oportunidade única que se lle presenta ao Celta para expandir a súa marca, tamén sería unha oportunidade espectacular para dar a coñecer o galego. Xente de Latinoamérica que só coñecen o significado malo da palabra "gallego" coñecerían por fin o que realmente significa, e quen sabe se se interesarían algo máis por nóse a nosa cultura.
É que en serio, eh. Imaxinade aos rapaces eses en Cuba que @ compañeir@ mencionou escoitando o himno do Celta e cantando versos en galego. Fai pouco parecería tolemia pura, pero co Tangana pode ser realidade nuns poucos meses.