No vídeo que subiron falando do que "fai único ao Celta" o tema común é claro: identidade e canteira. O obxectivo máis bonito polo que pode pelexar este clube é por convertirse no equipo de Galicia e dos galegos, vertebrado por xogadores que o sintan como seu.
Non falo moito disto porque me da un pouco de reparo, pero eu fíxenme celtista bastante tarde. Eu crecín nunha familia futbolera, pero de bar. Os domingos se iba ao bar a velo Celta, pero se facía bo tampouco era cousa de perder unha boa barbacoa. A cousa é que si, o Celta estaba ben, pero as discusións sempre acababan no mesmo sitio: Barça - Madrid, Barça - Madrid, Barça - Madrid. Tanto que xa dende ben pequeniño te facían posicionarte: Barça ou Madrid? Coma se non houbese máis opcións. Eu elexín e durante moitos anos carguei con esa decisión, pero nunca vin fútbol. O xogaba, pero non me chamaba nada velo na tele. Gañaron? Ben. Perderon? A outra cousa. Vaia coñazo sentarte dúas horas diante da televisión a ver ese espectáculo que, debemos admitir, non é demasiado apaixoante. Pfff, fútbol.
Sempre estaba pendente de como lle iba ao Celta, pero sen máis esforzo que seguindo os resultados cada semana. Para min a enfermidade comezou a ser sintomática con Eusebio. O equipo non xogaba demasiado ben, pero no campo había rapaces de aquí. Xente coa que xogara de pequeno, á que veía pola rúa ou coa que estudiara no instituto estaban dando o salto ao fútbol profesional da man do equipo de casa. E agora podemos falar pestes deles, a falta de identidade e blablabla, pero se algo fixo ben esta directiva foi alimentar ese sentimento de pertenza e a comunión cos xogadores da casa. Polo menos por aqueles anos. Para cando chegou Paco Herrera xa estaba totalmente enganchado.
Uns anos despois emigrei, e cal foi a miña sorpresa que canto máis lonxe vivía, máis preto me sentia do Celta. Ao orgullo por darlle a oportunidade á xente de casa se lle sumou o sentimento de pertenza. Madrid, Estocolmo ou Tokio. Daba igual onde estivese, se xogaba o Celta me sentía cerca de casa. Aquí debo recoñecer que gran parte da culpa é vosa, mamonazos. Falo máis con vós que coa miña familia, e me entero do que pasa na cidade por vós máis que polo Faro de Vigo. A través do Celta me sinto conectado coa miña terra e este foro é o único sitio onde son galego falante.
Como di Morris eu máis que futbolero son celtista, pero se me quitan ese sentimento me deixan sen argumentos. Para min un Celta de carteira e desligado da terra non significa nada. Sen identidade non somos nada, un equipo máis, e a min o fútbol non me entusiasma.