Totalmente incomprensible a actitude de Mouriño. Lamentable
Este home non pode dirixir o Celta, así de claro.
O tema deportivo vai á deriva completamente, outro ano máis encomendados a que Aspas saque a súa mellor versión para poder salvarnos. E todo en parte ao puto orgullo deste vello.
E o seu tema fetiche, o Celta empresarial, para mín tamén é un desastre. Comezando porque sacan peito de que somos o mellor club económicamente do pais, pero eu vexo a equipos "peores" facendo fichaxes e movementos que aquí parece que son imposibles de facer económicamente (que mo expliquen....porque eu non entendo nada). E rematando por anunciar a bombo e platillo un superproxecto no que nin siquera teñen os terrenos para facelo. Aínda por riba se mete nunha guerra cuns comuneiros, e con todo o que non lle baile o auga, deixando bastante danada a imaxe do Celta de Vigo.
Do tema social, xa nin falo. A día de hoxe xa me conformo con que sigan os prezos do ano pasado e poder manter o mesmo nº de socios.
No pasado aínda o defendín en certas cuestións, pero o vaso xa desbordou dabondo.
Mouriño, fainos un favor e vaite xa!!