Estades caendo na trampa dos grandes? Penso que "se os va la pinza".
Vamos a ver. Cando xogas unha competición (se é que queres xogala) tes que competir, obviamente. Isto implica que tes que estar nas mellores condicións posibles con respecto ao resto. En moitos casos, estas condicións son económicas, de modo que che permitan tanto confeccionar un plantel como mantelo para poder acadar méritos deportivos. A día de hoxe o peso da afección local nese aspecto é marxinal, e por se alguén o pon en dúbida, deixo dous datos:
- O Celta este ano tivo un presuposto de 69.450.000 millóns.
-Deses case 70 millóns, os ingresos por abonados e socios foron de 5 millós. É dicir, estamos a falar de que os socios e abonados supoñen un 7% aproximado do total.
-Os ingresos por comercialización e outros foron de 1.450.000 millóns. Se sumamos socios, abonos e comercialiación, temos 6.450.000 millóns aprox, que non chega sequera ao 10% do presuposto total do equipo.
-Segundo o informe de La Liga de 21/22 (non atopei outro máis recente con esa info) actualmente o 40% dos ingresos por dereitos audiovuais proceden do mercado exterior, é dicir, de fóra de España.
Presuposto do Celta
Do total de ingresos audiovisuais da Liga (en millóns de euros), porque saen dun bote común que logo se reparte:
Con respecto ao reparto do bote deses dereitos, funciona tal que así:
- La primera de ellas se distribuirá en función de los resultados deportivos obtenidos durante las últimas cinco temporadas. No todas valdrán lo mismo: la última jugada tendrá un peso del 35%; la penúltima, un 20%, y un 15% las tres anteriores. Para aplicar estos criterios, a cada puesto de la clasificación se le atribuye un peso. Por ejemplo, del 35% correspondientes a la pasada temporada, el 17% irá destinado al campeón de Liga (Real Madrid); mientras que el segundo se llevará un 15%; el tercero, un 13%, ... El penúltimo apenas se llevará un 0,5% y el último, un 0,25% del botín total.
- La otra parte restante premiará la implantación social que tenga cada club (sin que ningún equipo pueda superar el 20% ni estar por debajo del 2%). De las cantidades correspondientes a este concepto, 1/3 se repartirá en función de la media de la recaudación lograda por taquillas y abonos durante las últimas cinco temporadas. Los 2/3 restantes se adjudicarán en función de las audiencias de cada club.
Agora, por favor, que alguén me dea datos, con números, con peso real, con iso co que se pagan as fichaxes e os soldos, non entelequias que non se poden nin medir, que demostren que o peso dos 4 friquis que estamos aquí (e os que non están, pero que son semellantes) teñen algún peso real no Celta.
Penso que moita xente ten unha visión demasiado romantizada (e irreal) do fútbol moderno, e por extensión, do Celta.
Outra cousa é que queirades vivir dos abonados e da recadación de camisetas e acabar xogando co Arousa ou co Carballiño (que me parecería moi digno, conste. Eu teño varias camisola do St Pauli por algo). Eu aí xa non entro, pero non pidamos subir o límite salarial 3 millóns ao tempo que se rexeita o fútbol moderno. Ou unha cousa ou a outra, pero as dúas á vez non se pode.