Non sei quen é ese tío, pero:
1) O Celta non tiña que adestrar en Balaídos, tiña que facer un acto para o celtismo -acto que, por certo, anunciou hai dous meses-. Pena de non ter unha sede no Centro.
2) O de Afouteza non quedou curto, foi unha vergonza e un insulto á afección -que mentas continuamente para celebrar-.
3) Os actos tiñan que estar preparados con antelación, non agora tarde, mal e a rastro -como se fosen as fichaxes de verán de cada ano-. Como o das bandeiras. Agora a botarlle a culpa ao Concello, que é o comodín para esta familia de inútiles.
E o peor e agora filtrar a amigos, nunca van dar eles explicacións ou disculpas directamente, porque consideran que estan por riba de todos. Bueno, menos de Deus, pero a ese si que o invitaron.