A medida que pasan os dias estou mais intranquilo pola desidia que se transpira desde o clube. Que igual non e asi, pero a falta de noticias desde o clube e preocupante. Hai tantisimos temas que abordar, e non se sabe practicamente nada, mais que algunha cousa que mentou Mourinho na rolda de prensa, pero que en ningun caso se fixo oficial mediante un comunicado. A dia 28 de xunho, non sabemos nada oficial sobre o contrato de Kevin; os contratos de Iker Losada, Barcia e Medrano; a renovacion de Miguel, fichaxes; saidas de xogadores con contrato en vigor; detalles sobre o traballo ou planificacion do adestrador (aparte dun moi escueto comunicado). Iso a nivel plantel, e noutras facetas, non se sabe nada sobre as novas camisetas, a campanha de abonados, a planificacion da pretempada, amistosos en Balaidos e fora de casa, eventos do centenario (que se dixo que haberia bastantes), cambios no organigrama do clube (quen reemplaza a Chaves, Garica Bayon, Bajcetic, Ojeda e Rocha, si e que marchan, a nova fichaxe para o trato ao abonado, etc.).
En resumo, estamos inmersos nunha epoca con moitisimas incognitas, e parece que o mes de xunho se tirou pola borda case enteiro. Como dixen atras, quizas hai moitas cousas planificadas xa e so falta o anuncio. Pero que o anuncien, carallo.
Como anecdota, onte falei cun afeccionado do Athletic e dixome que xa ten planificada viaxes a Glasgow e Dublin para sendos amistosos contra e Celtic e Manchester United no proximo mes e medio. Para nos e imposible facer plans asi.