Isto é un pouco loco, non?
E paréceme vergoñento. Vigo e a súa contorna precisan investimentos en deportes que non sexan fútbol. Moitos equipos, en moitos casos moi dignos a nivel competitivo, desaparecen ou pasan penurias porque non hai financiamento e niguén aposta por eles, e agora resulta que en lugar de crear unha sociedade estilo Madrid ou Barcelona, con múltiples disciplinas para axudar e dinamizar o deporte local, imos mercar un equipo de fútbol portugués? Repito, para min, vergoñento. Está claro que só se busca o pelotazo e incrementar o valor mercantil da SA.