Ao final o centenario pode rematar por non ser tan malo. Moitos, Marian incluída, nos deixamos embaucar/ilusionar polo curtoplacismo, por xente de fóra con aires de grandeza, por antigos triunfadores que nos levaran a esa dose de éxito no centenario cando levabamos bastantes anos de xestión de Carlos horripilante en todos os eidos do club que nos alonxou do que somos.
Na área social, na comunicativa, na institucional, na perda de identidade, na ausencia do peso da canteira tanto como club referente en Galicia ao que ir de rapaces como no salto ao primeiro equipo, que é o máis visible. Todo estaba ao revés do que levou ao éxito a etapa intermedia de Carlos. Emenda a totalidade.
Por sorte, Marian estase notando moito que é unha persoa que se está deixando asesorar moito e ben por xente que sinte o club tanto coma calquera de nós e leva meses dende o talante tomando decisións que nos devolven paso a paso a base do que somos, ao longo prazo pero cos nosos, en todos os eidos. Faltaba un espaldarazo, a decisión final máis "dura" de tomar polo que supoñía que era o director do barco no primeiro equipo. E tomouna, con ovarios.
Temos que salvar esta tempada como sexa e para o ano afrontar unha profunda reconstrución da primeira plantilla. Fichar pouco e bo, que para o resto xa temos unha canteira espectacular e un director de orquesta disposto a ter mesura, ser valente e darlle oportunidades. En definitiva volver crear proxecto a longo prazo, destruíndo moito do que non funcionaba. Dun problema cronificado xa.
Creo que por primeira vez en bastantes anos me estou volvendo a ilusionar, a identificar o club como meu.
Pd: pasei aquí está mensaxe que creo que é o lugar axeitado.