Pero iso non son feitos, son palabras. Feitos son os millóns que se gastaron en fichaxes cada ano, a busca de adestradores que viñan de gañar cousas (menos Escribá, pero tiña experiencia en permanencias), a renovación de xogadores importantes. Outra cousa é que levamos uns anos tomando moitas decisións equivocadas, como configurar unha plantilla descompensada, ou que un adestrador non funcione como esperabas (coma Óscar).
O que tampouco podemos perder de vista é que Mouriño ten unha visión global para o clube, e para iso ten directores que se ocupen do día a día das distintas seccións do clube. O obxectivo de Mouriño, para min moi claramente, é facer crecer ao clube en tódolos aspectos: modernizando e mellorando a formación do fútbol base, buscando solucións para mellorala asistencia, modernizando a estratexia de comunicación, invertindo en patrimonio, firmando moitas colaboracións, ou intentando fichar a un director deportivo de relevancia internacional aínda que sexa con fórmulas extrañas. Todo iso debe levarnos a ter un clube máis grande e máis forte, o que debería redundar nun mellor desempeño deportivo.
Para min o problema non é que Mouriño esté máis ou menos centrado no aspecto deportivo. O problema é que últimamente se están a tomar decisión equivocadas en aspectos clave: non planificar ben o que necesita o equipo, non invertir ben os recursos do mercado, declarala guerra a todo aquel co que non fai o que queres...
Non sei, eu podo atopar moitas cousas que criticarlle cousas a Mouriño (o trato ao afecionado, aos xogadores que non pasan polo aro, as pelexas estúpidas...), pero non podo estar de acordo con que medrar deportivamente non sexa unha prioridade.
Es que el crecimiento deportivo no puede darse si no hay algo sólido detrás que lo aguante. Eso es lo que parece que está intentando el Celta: Crecer.
Creciendo como entidad, el rendimiento deportivo crecerá como reflejo de la solidez de la entidad.
Están intentando montar el castillo por los cimientos, cosa que a priori parece un acierto, en vez de montar un castillo en el aire que acabe en desastre, como tuvimos hace 20 años.
Perry explícao mellor é máis corto