Poderían aproveitar o diñeiro para crear un Celta de fútbol feminino, que somos o único equipo de Primeira que non ten esta sección.
E non estou en contra deste proxecto, todo o que sexa innovación, mellora en instalacions, preparación física, talento profesional, etc. benvido sexa.
Pero non sei, pensó que non é o tema máis importante agora mesmo. O gran reto sigue a ser prepararnos para a vida sen Aspas (e agora mesmo o equipo vai a pique cando non está no campo). E tamén intentar renovar a Denis é un tema importante, xa que falamos dun xogador talentoso que ocupa un posto clave no terreo de xogo e onde se inicia o xogo de ataque do equipo.
Todos estes megacomplexos non deixan de ser fogos de artificio, pero o Celta é unha entidade deportiva, non somos o Madrid ou Barça para andar a perder o tempo en ter a cidade deportiva ou o centro comercial máis bonito, somos un equipo humilde sostenido por Iago Aspas, sin él vaise todo a pique, e iso é o que máis me preocupa. Que non se nos olvide cal é a nosa realidade.