1º) Porque acuden a cada partido da Madroa unhas 400 persoas máis @s que as seguen por redes e do masculino dan os resultados até de Preferente, con tódolos respectos pra eses equipos que por certo non pido que lle quiten nada a ninguén nin negando nada, só pedindo a maiores. Nin que fagan ningún tipo de despregamento, só que den o resultado, que por certo dan até o do Xuvenís que por se non estabas entererado, pois xa o sabes. Os Xuvenís.
2º) Porque As Celtas é un proxecto que fomenta o fútbol feminino da comarca, un proxecto moi ilusionante pra a rapazada de Vigo, contorna, resto de provincia de Pontevedra e algo máis aló incluso.
3º) Porque a Radio Galega é un ente público, pagado cos nosos impostos e que debe fomentar valores como os que representa o proxecto d'As Celtas
4º) E se non vale ningún dos puntos anteriores, porque me sae da mesmísima punta do nabo pedilo. Bueno, non, isto non. O borro que queda feo. Perdón