E pra non facer trremendo ladrillaco, logo de expoñer os feitos (segundo eu, claro) vou expoñer a miña opinión neste outro post:
¿Qué podemos facer nós como afección ante isto? ¿Esixirlle ó clube que saque comunicados ou se queixe? Non, erro. Están no allo, sería como ir contra unha parede. O que temos que facer as afeccións (en plural) do resto de clubes é expoñer dalgún xeito que non queremos isto. ¿Cómo? Nin idea pero nestas condicións nos condenan a non optar a gañar. Porque señores, isto supostamente

é un deporte e se compite pra gañar..
As directivas do resto de clubes están moi cómodas con este reparto. Pero que moi cómodas. Hai cartos, hai siareiros a punta pala, todo guai ¿que non gañamos? Os consellos de Administración sí e os xogadores tamén, ¿cal é o problema? ¿que non gañamos no campo? Problema das afeccións, pobriños eles. Que tristura máis grande, en fín, vou ver a conta corrente e se me pasa...
Total, tema complexo porque téñennos collidos polos collóns.. Saben que isto vai de sentimentos e polo tanto non racional. Imos estar ahí dándolle de comer a toda esta xente e o saben. Vannos mexar por riba porque total, é choiva. Chega o "domingo", xoga o Celta e se nos pasa. Drogha da dura.