Eu non sei se alguén do foro ten algún tipo de contacto con xente do clube pero se existe, eu pregaríalle que lle fixeran chegar o acontecido onte. Mirade que eu como persoa que son de vez en cando, fóra do meu "papel" de foreiro sonche un tipo coa empatía moi baixa; é unha habilidade social que nacín sen ela e tento desenrrolala no que poido porque creo que é algo positivo pero simplemente non me sae de xeito natural. Pois onte foi das poucas veces que a sentín. Podedes pensar que esaxero pero a imaxe donte foi dantesca. Ver a cativada ataviada coa celeste chorando desconsoladamente polas esquinas foi tremendo. E repito que eu non son nada empático, pero foi unha imaxe bastante lamentábel e non había nin 10 nin 20. Xente a moreas.
Pois iso, o Clube debería estar ó tanto por moito que non sexan responsábeis e dalgún xeito deberan organizar algo pra toda esta xentiña porque hai gañas de Celta na cativada. Algo que non vira dende a época Mostovoi. Pero é que o de hoxendía vai máis aló, porque o daquela era resultadismo. Isto vai de sentimento e hai que coidalo