Hoxe por hoxe Mouriño ten máis do 50% das accións. Iso significa que ten o control da sociedade e pode facer e desfacer segundo lle pete. Non o coñezo persoalmente, pero mirando as saidas de ton que ten de cando en cando, non penso que sexa unha persoa moi dialogante.
Entón pregúntome, ¿De verdade sorprénde que as xuntas de accionistas só sexan un asunto de mero trámite? Entendo o que dis, pero penso que estás pecando de inxenuo. Se inda precisase recabar apoios de outros accionistas pra as suas iniciativas... Pero como non lle fai falla, non debe nin disimular.
Facédevos a idea de que Mouriño non é como ningún outro presidente anterior do Celta. É Luis XIV, os anteriores non tiñan o control accionarial que él ten e dependían de alianzas entre accionistas.