Pra min hai un claro punto de inflexión; o día da pancarta do "grazas presi". O celtismo non somentes perdoa a Mouriño polo descenso e os 5 anos no pozo, senón que lle mostra o seu agradecemento e confianza sen fisuras. E como reacciona este señor?, pois coma un cheque en branco pra facer o que lle veña en gaña, dar renda solta o seu ego e desmadrar a súa codicia e ambición.
Dende ese día o trato déspota o afeccionado intensifícase, empeza a chantaxear a cidade descaradamente e comenza a fachendearse de levar o clube coma unha empresa, con medidas que están a medio camiño entre o miserable e o racanísmo máis cutre. Chino Gate incluído.
Agora mesmo case nadie fala ben del, a xente está farta das súas formas e xa ninguén lle apoia nos seus proxectos especulativos. Ninguén o ve xa coma ún de nós, senón coma un empresario cobizoso que so pensa en maximizar os seus beneficios. A fractura co celtismo é xa total.
Claro, sempre pode vir alguén inda peor, pero agora mesmo a súa marcha sería un soplo de aire fresco pra o celtismo e a cidade. O futbol move pasións, e este señor xa somentes xenera rechazo.