Todo iso é, máis que nada, a parte social do clube (a que ven tratando moi malamente desde hai moitos anos). Que a afeción poida ter algunha influencia na parte deportiva é tanxencial.
De feito, aquí podería dar un salto mental e dicir que para Mouriño o que pase coa afeción é totalmente independente da parte deportiva. Baixo esa premisa, puteala afeción segue sen ser deixala parte deportiva de lado. Agora están a tirar desa afeción porque non teñen máis argumentos e polo menos que non se diga que "non fixeron todo o que estivo na súa man".
E que ten que ver iso con deixala parcela deportiva de lado? O que fan son negocios penosos.
Caso Dennis, se prioriza joder a Dennis con la planificación.
Sigo sin ver como iso demostra que están a deixala parte deportiva de lado. Xa pelexou antes con xogadores e axencias e non repercutiu na parte deportiva. Se agora lle estoupou na cara foi pola inutilidade de elixir o sustituto, porque dubido que Óscar estea aquí cobrando en caixas de mexillóns.
O único que pode demostrar é que Mouriño é un pailán incapaz de medilas consecuencias dos seus propios actos, porque cando lle convenceron (tarde, moi tarde) da importancia de deixar saír a Denis para reforzalo equipo permitiu a cesión ao Espanyol.
No tocante á parte deportiva, o clube queima millóns tódolos anos no mercado intentando reforzalo equipo. Fichou a un dos directores deportivos máis importantes do mundo para revolucionala plantilla. Fíxose cargo do mantemento do céspede do estadio para que estea en perfectas condicións. Construiu uns campos de adestramentos coas mellores condicións para destrar (o que por certo reduciru drásticamente as lesións en nocellos e cousas parecidas).
O clube non está a deixala parte deportiva de lado. O que parece é que últimamente non hai unha soa persoa capaz de tomar unha decisión a dereitas.