A marcha de Cháves e de Mou é positiva, a chegada de Marian non, é nefasta.
O ciclo de Cháves e Mou en Vigo rematara, os seus bos momentos que os tivo e moi importantes na historia deste equipo, amortizados e os seus últimos anos foron demasiado viciados xa.
Pero ollo, o que nos ven con ela. Se nos queixamos da falta de arraigo que ten o club coa cidade, a afección e con Galicia, coa castelanización (agora chámanlle internalización que sona máis chick) de todo o que rodea ao club podemos flipar con ela.
Non sei, espectante me atopo. O futuro pode ser bo ou malo, pero no fútbol moderno actual unha futura venta a un capital extranxeiro tampouco pinta moi ilusionante que digamos. Exemplos hai a patadas.
O ideal, quitando pallas mentais miñas de un club de accionariado popular, imposible a todos os niveis hoxe en día, sería un empresariado galego que sentise o Celta e se deixara aconsellas por bos profesionais. Opcións remotas hoxe en día.
As realistas son, seguir coa filla e o neto do Mou ou capital extranxeiro. Non me vou anticipar e non pretendo ser cenizo, pero ilusionar non ilusiona.