Ata onde eu sei, e polo que se dá a entender nas novas ao respecto, marchou el porque considerou que era o que tocaba.
Por unha banda, entendo que eran moitos anos xa no Celta. Ignoro se realmente tiña gana de probar cousas novas e deixa-lo Celta, pero si que penso que 15 anos son moitos anos nunha posición tan intensa o como a que ocupaba.
Pola outra, estes últimos anos, particularmente este último, foi complicado. O decorrer do Celta e dos Mouriño leva irremisiblemente a unha vendo do club e, polo que parece, isto podería estar moito máis preto do que un puidese crer. Neste sentido, parece ser que Chaves dixo, ao ser inquirido sobre a posibilidade de dirixir o equipo cando non estivese Carlos, que el deixaría o Celta cando o presidente o deixase. Pois ben, é un segredo a voces que Mariam se vai ocupar da dirección do Celta, asumindo polo menos parcialmente as funcións de seu pai e, polo tanto, entendo que, seguindo o xurado hai anos, Chaves abandone tamén a súa posición.
Tamén cómpre dicir que a dita evolución da relación dos Mouriño co Celta ten, penso, a Campos como figura chave. Non só é un director deportivo, senón que posiblemente chega con contactos que poderían levar a cabo ese cambio de posesión e dirección do Celta. Tanto el coma Michel Salgado (a quen puidemos ver xa en diversas ocasións con Mariam en eventos económicos) teñen relación con xente e organizacións que poderían estar interesadas no Celta. Isto, sumado ós choques que houbo co director deportivo portugués (o último estas memas semanas) puideron precipitar todo.
Ollo, aquí mesturo cousas que sei con outras que, acho, podo deducir. Con todo, non deixa de ser un exercicio mental de foreiro. Tomádeo con certo aquel porque, ao fin e ao cabo, eu non estou dentro do club.
En calquera caso, que lle vaia moi ben e oxalá poidamos gozar dos éxitos futuros do Celta.