Onte tiven que escoitar o partido contra Osasuna pola radio , sempre o escoito pola radio galega , pero non sei por que non o pillaba e tiven que escotalo con Jacobo Buceta , levaba anos sin escoitar un partido narrado por el , por que xa daquela me parecía que pasaba mais tempo tentando ser gracioso sen gracia e de ser bastante faltón que de radiar o partido , pois onte confirmoume que a cousa vai a pior , hata os cinco minutos de escoitar non me enterei de quen eran os xogadores do Celta , estes son os aspelativos da súa colleita cos que chama a os xogadores , My name is Luca = De La Torre , Halaansiño = Larsen , Javi Gentleman = Javi Galán ... e os que me deixo , dende logo non me acordaba do cansino que e e o do gracioso que se cree , pero aghora que acordei agardo estar outros varios anos sin escoitalo .