Eu creo que as casas son unha representación do Berbés, pero por pensar algo.
Por certo, Gabri Veiga contestou a publicación dicindo que igual non era boa escolla un chaval que insultou a un canteirán no seu concerto (chamoulle fillo de puta e pesetero) e o tipo respondeu o comentario poñendo CALLATE PESETERO. O administrador borrou o comentario, pero efectivamente, mal elexido e pésima xestión do beef por parte de Dirty Suc, que pode ser moi bo no seu e moi celtista (Mostovoi, súa, leva anos sonando en Balaídos por certo), pero non podes ir á casa de naide a insultar a súa familia.