Nos somos unha panda de vellos rosmóns que si nos quitan a Roda e o licor café antes do partido xa estamos co fuciño torto , veñen novos tempos , os chavales escoitan outra cousa da que escoitabamos nos , non lle torcerán o fuciño a Roda ou a o Miña Terra galega , pero está ben que tamén lles dean un pouco do que lles mola e que o clube se achegue un pouco a eles , e dentro do estilo de música de Tangana , e sin que a min me guste , e do mellorciño en canto a nivel si o comparas co monte de broza que se escoita por ahí .
Admitideo , xa imos vellos e o que fagan a partir de aghora xa vai ser pensando mais na chavalada , cousa que a min paréceme sanísima , os tempos nos que tiñamos enerxía para meternos nun autobús doce horas para ver o Celta trompas perdidos xa os deixamos atrás , aghora si non e en coche minimo con duas paradas para comer e hostal de duas estrelas xa nin nos movemos da casa . Hai que pensar nos chavales coño , non sexamos carcas , e dentro do que hai a min C Tangana paréceme o mais potable , ainda que a min non me gusta , pero o tipo vese que ten cultura musical e miras un traballo .
Resumindo , a min pareceme cojonudo que o clube dea un paso adiante e se abra a cousas novas , i estou seguro de que gracias a o himno de Tangana se fan mais celtistas dos que pensamos por ahí adiante , ou polo menos chavalada a que lle imos cair millor e que van saber que existimos , e penso que podemos convivir todos perfectamente , os Da Roda e os de Tangana .