A ver se me explico mellor. Xa había un partido en aberto por xornada. Ata o de agora, o daba GolTv, canle que agora parece que vai desaparecer da ecuación. O novo escenario é, seica, que a TVG vai dar en aberto os partidos que xogue o Celta en luns. Da mesma maneira que antes os daba Gol. É dicir, en canto a retransmisións en aberto nada cambia, a situación é a mesma pero noutra canle. Eses partidos do Celta en aberto non son a maiores, son en vez dos que xa daba Gol. Igual me equivoco, pero eu enténdoo asi.
O factor do idioma tampouco teño claro que cambie. Non estou seguro e pido desculpas por anticipado se me equivoco, pero creo que en Gol xa había opción de audio para escoitar a retransmisión en galego.