O fútbol é identidade. Sen identidade no fútbol non estaríamos esta semana "acojonados" (valla o castelanismo como recurso literario) como estamos. Esa angustia que sentimos , e a alegría cando toca, vén dese sentimento que temos construído entre todos os celtistas ao longo de cen años. A lingua tamén é parte da identidade cultural do Celta, a fundamental. Porque nos fai únicos e distintos. Quere isto dicir que quen non fala galego non é celtista? Por suposto que non. Absolutamente non. Pero a autenticidade do noso club vai unida ao idioma que nos representa, culturalmente falando. E o club debe loitar por ela, defendela. E está acontecendo todo o contrario. De aí a existencia deste fío, cuxo principal obxectivo é lembrarlle aos dirixentes quen somos e de onde vimos, e máis agora que imos cumprir cen anos.
Antes de emitir unha opinión é preciso analizar con calma aquilo que se xulga, e creo que había no fío material abondo para saber do que aquí se trata. Dende logo, eu non vou fachendeando pola vida de que non sei falar inglés, castelán, ou cualquiera outra lingua. Ao contrario, prézome de saber falar as que falo, porque me aportan moitas cousas e completan o meu coñecemento e a miña personalidade. Dicho alguén nado a 3000 km de Galicia e chegado aquí por primeira vez xa con pelos na... barba. Ánimo, siempre haimtempo e o que quere, pode.