A tempada pasada, Carlos Mouriño repetiu en varias ocasións que este ano se faría un esforzo para mellorala plantilla e loitar por obxectivos ilusionantes de cara ao entenario. Do mesmo xeito, varios xogadores mencionaron durante a súa presentación que querían pelexar por entrar en Europa. Supoño que isto deu lugar a unhas expectativas elevadas de cara ao mercado que acaba de rematar e a tempada en xogo.
De todos modos, os últimos resultados negativos reavivaron (algunha vez remata?) o debate sobre a calidade do planteal, os obxectivos que deberiamos ter e demáis historias. Ao meu parecer, da a sensación de que conseguir unha permanencia tranquila é pouca cousa.
Hai uns días tamén saíron os límites salariais deste ano e recoñezo que me sorprenderon os números. Tanto polo límite tan baixo que tiña o Celta como a diferencia abismal coa zona noble da liga e o igualado que está todo por abaixo. Tanto que me deu por pensar se realmente estamos en posición de loitar por cotas maiores ou se é unha quimera.
Como tiña un ratiño antes de comer, comparei as clasificacións na liga dos últimos oito anos cos respectivos límites salariais ordeados coma un ranking. Evidentemente oito anos non son suficientes para facer ningún análise moi sesudo, nin eu lle adiquei o tempo suficiente como para sexa algo serio, pero si que se ve algún patrón.
Resumin os resultados nesta táboa que creo é bastante fácil de ler: por exemplo, en cinco dos oito anos o campión foi o equipo co maior límite salarial, en outros tres foi segundo e así.
A verdade é que hai bastante ruido, pero eu vexo tres grupos moi claros:
- Os trasatlánticos: Barcelona, Real Madrid e, aínda que vaian de humildes, Atlético de Madrid. Da igual que tan mal parece que lles vaia, os tres primeiros postos están asignados. Basta con ver como a pesar do ano estelar que fixo o Sevilla o ano pasado, e a pesar de selo segundo límite da liga (isto vámolo coller con pinzas) só lles deu para ser cuartos.
- A zona noble: Athletic, Betis, Sevilla, Real Sociedad, Valencia, Villarreal. Ata seis equipos pelexando por cuatro plazas europeas.
- Os humilde: 11 equipos que poden quedar máis arriba ou máis abaixo sen un patrón claro. Se fas un ano regulero, vas sufrir. E se é malo: ao pozo.
Entón, en base a isto, pode un equipo coma o noso pelexar por ir a Europa? Pois está claro que si, por poder pode, pero a cousa é mooooi difícil. O problema é que para vernos en posición de dala machada (coma na 15/16) non só temos que facer un ano espectacular, senón que varios equipos moito máis potentes ca nós teñen que faiar. Pode pasar? Si, na táboa vese claramente como é habitual que algún deles caia por debaixo do seu nivel teórico, pero que ata tres equipos fagan un mal ano é máis compricado.
Por ilustrar estas diferencias con datos concretos, vamos a comparalos límites deste ano (para facilitala lectura, os límites están transformados en proporción ao límite do Celta):
Como se pode ver, as diferencias por arriba son moito máis grandes que por abaixo, que todo está bastante igualado. O límite salarial do Athletic, equipo que marca a frontera teórica con Europa, é básicamente o doble que o noso, mentres que a distancia co descenso non é tan elevada. Por resumir: a diferencia co Athletic é 3,5 veces maior que a diferencia co Cádiz.
Tamén explica, na miña opinión, os dous anos de penurias salvándonos na última xornada. A nada que as cousas saian un pouco mal podes acabar no pozo.
En resumidas contas, aínda que LaLiga parece unha liga relativamente competida, parece que dicha competencia está compartimentalizada en tres grandes grupos definidos básicamente polos límites salariais (isto é de perogrullo?). Evidentemente isto non está escrito en pedra, só hai que ver por exemplo o caso do Valencia, que está a pagala deuda masiva que arrastran, pero fai falla tempo. Hai que picar pedra, intentar facelo o mellor posible e a ver se soa a flauta, pero sen marcarnos metas imposibles.
En clave celeste, recoñezo que me sorprende que teñamos un límite tan baixo, menor ca o do ano pasado. A ver se foi algo puntual da pandemia e podemos seguir coa senda positiva que levamos dende hai xa varios anos. O que toca é intentar seguilo exemplo de outros equipos e intentar medrar, ir subindo o noso presuposto (e o noso límite) e a ver se algún ano conseguimos chegar a esa zona noble, pero sen volvenos tolos. De momento pelexar por Europa sería bonito, pero non pode selo obxectivo.