A grada está moi guapa. Tantas filas de butacas celestes nun fondo tan preto do campo...espectacular

, o que eu sempre soñei dende pequeno (sempre fun moi fetiche dos campos británicos).
Teño moitas ganas de vela rematada con toda a "chapa e pintura" aplicada e a cuberta posta ao 100%.
Tamén teño ganas de ver o comportamento da cuberta coa choiva, o certo é que de lonxitude chega case á portería, pero non teño claro se vai ser suficiente para abrigar todas as butacas. Ao ser tan alta e construída en sentido ascendente (o final da cuberta está máis alta que onde os anclaxes), creo que cando chova con ventada alomenos 3 ou 4 filas se van mollar, pero bueno, xa sairemos de dúbidas cando pase...
Por outra banda, no tema das esquinas "raras", tamén é unha boa ocasión para darlle ainda máis personalidade ao estadio, ademáis dos marcadores na esquina (por exemplo, poño foto de Anoeta, onde os puxeron nesa zona), se ó final o de reformar Tribuna non vai pa diante, no muro ese que queda entre Marcador e Tribuna, molaría que fixeran un mural estilo Stamford Bridge, co escudo do Celta.

