Despois de tempo lendo o foro me animo a participar.
Estreome cun tema que me interesa como afecioado, o estadio.
Realmente que Balaidos non sexa sede para Vigo non é bo, para o Celta podería non ser bo nin malo sempre que a Xunta "compense" o gasto que vai facer en Riazor financiando obras de melloras en Balaídos.
É moi obvio que todos os galegos, moitos celtistas e/ou vigueses, lle imos pagar cos nosos impostos un estadio a outra cidade e no tema que neste foro interesa principalmente a un club rival. Debería ser tamén obvio que a Xunta, que non puxo un euro na reforma de Balaídos, debería compensar este Feito cunha importante inversión na principal infraestructura dun clubes de fútbol, ademáis de que ó ser de titularidades municipal o equipamento quedaría a beneficio da administración pública (para facer otro tipo de actos).
A min o aforo pareceme algo xusto. Sinceramente os 31.100 presupostados na reforma eran ideais namentras os 27.300 (aprox) fanse escasos. Cecais esa inversión que se debería esixir á Xunta podería buscar 2-3.000 localidades máis alo menos.
Tamén se podería plantexar melloras no teito do estadio facendo algo similar ó novo San Mamés, cun engadido que cubra absolutamente todas as butacas incluso con choiva e vento. Esto á súa vez podería aporveitarse para gañar unhas filas en Río Baixo acercandoas ó campo, algo que a día de hoxe non é viable porque quedarían a descuberto. Unhas pantallas dixitais entre o primeiro e segundo nivel de Río, Marcador e a futura Gol podería traer novos ingresos comerciais ó clubes, alguen dúbida que a reforma de Riazor vai levar este tipo de pantallas?.
Por ideas non ha ser. Pero hai que esixir á Xunta inversión en Balaídos (en Vigo cidade tamén, pero neste foro vámonos centrar no fútbol) porque que cos impostos de vigueses e celtistas de toda Galicia se lle vaia facer un estadio top a Abanca e á cidade da Coruña mentras en Vigo e a unha institución como o Celta non poñen un euro non se deberia tolerar.
Mais alá diso os 48.000 espectadores de aforo é unha salvaxada. Obviamente Abanca xa se encargará que a súa empresa Deportivo de La Coruña non pague o mantemento, pero Ainda multiplicando a política de sempre do Deportivo de regalar entradas a colexios, colectivos... non van dar enchido o recinto e na maioria de partidos haberá como moito pouco mais de media entrada. No proxecto ía contemplado tapar cunha lona o anel superior e deixar un aforo de 32.000 para os partidos do Deportivo... a de voltas que da a vida, eh...