pero quen dixo que @s de fóra non son xente?, ou menos celtistas,..ou calqueira cousa que saques da manga martín?
tí tés unha visión na que abrazas ó futbol moderno (que és mais papista co papa, vaia) do que é vivir a experiencia de seguí-lo teu equipo...che importa 3 ostias á xente, e dás por bó que noutros sitios bla,bla,bla...pois eiquí non somos outros sitios (aver si o vas metendo na cabeza dunha santa vez), e por sacar 3 patacos mais (porque iso é o que vai acontecer) non che doerían prendas en baixá-lo dedo (foro romano style)...e ale todos coma ouvelliñas tiren para ó monte, merquen nas nosas tendas, e pasen ó dia franquiciad@s, no medio da néboa e da choiva no inverno
noutros sitios ó metro lles deixa na porta, ó tren lles deixa na porta, ó tranvía lles deixa na porta...eiquí NON temos nin remotamente esa posibilidade, po-lo que estas condeando á xente á lanzadeiras autovía (das mais pufeiras de europa) cara arriba, e coche particular
ou cal é o teu maravilloso plan?...porque ainda non nos contá-che onde metes ó estadio que poida ser ben visto po-l@s de fora, po-l@s de vigo, e po-lo celtismo en xeral...onde?...ti dirás
Eu non saco nada da manga, si? Aquí escribiuse (penso que en varias ocasións) que a localización de Balaídos era caralluda porque os de Vigo podían ir a pé. Cito a Perry (non o tomes como algo persoal), pero podería citar outra xente, que no fondo sostén o mesmo: "o mellor é ter o estadio onde está a xente".Qué xente? Que saquei eu da manga?
Que eu abrazo o fútbol moderno? En fin. Mira, o que son é realista, e tento buscar o mellor para o meu equipo. Son o primeiro encantado en poñer unha identidade por riba de moitas cousas. Agora, o que non podemos é ser parvos nin cegos, e pensar que o mundo vai ser sempre o mesmo. Nos anos 60-80 o fútbol era como era, moi en bragas en aspectos económicos. Logo chegaron os 2000 cos megacontratos de televisión, que o cambiaron todo. Agora estamos a vivir o que posiblemente sexa a extinción desa realidade. Todos os equipos, que antes tiñan nos seus presupostos un 70-80% do presuposto dependente destes dereitos, están intentando como sexa, e repito, como sexa, buscar outros medios de captación de capital. E estano a facer porque saben que é unha burbulla que pode estalar en calquera momento. Un caso claro telo en Francia. É un caso extremo, porque está adulterado pola presenza do PSG e todo o que implica, pero non deixa de evidenciar que vivir de construír presupostos cos dereitos de TV case unicamente é un suicidio a longo prazo, e esa é a realidade do Celta e de tantos outros equipos.
Se non adaptamos as infraestruturas ás novas realidades, na cal a experiencia do afeccionado, a accesibilidade, e a integración con outros servizos e eventos (como espectáculos deportivos ou musicais) se converten en vantaxes competitivas, acabaremos condenados a quedar atrás. A evolución do fútbol e da súa economía é ineludible, e ou nos adaptamos ou sufrimos consecuencias a longo prazo.
E por certo, xa que estamos, aquí os que estades a montar a película de que eu falo de levar o campo parece que a Singapur sodes vós, non eu. Eu falo de cambiar a súa localización por unha máis adecuada. Non sei se dentro do municipio de Vigo, ou noutro limítrofe, pero cústame moito crer que non hai lugares cando non hai moito se falaba de facer un recinto en Vigo, sobre todo para espectáculos deportivos e musicais de certa entidade, que competise co Coliseum de A Coruña e co Sar de Santiago.
Que ti queres vivir pracidamente sen enterarte de que o mundo está a cambiar e que ou tomas medidas ou podes ter problemas gordos a longo prazo? Alá ti, pero non me pidas a min que faga o mesmo. Será que non somos iguais (e dende logo non creo que veña a nada lanzar afirmacións como que "son máis papista que o papa", pero como queiras).
Pues nada, Perry, avisa rápido a todas las ciudades del mundo que han hecho y van hacer grandes recintos deportivos en las afueras de sus ciudades en lugar de mantener el que ya tienen en el centro urbano.
Y volvemos a lo de siempre: los celtistas vigueses incapaces de sacarse la cara del culo en lo que se refiere al equipo. Donde está "la gente", porque los celtistas que no viven en Vigo ciudad, o directamente no viven en Vigo, debe de ser que no son "gente".
Se dijo hace años que el proyecto de Balaídos era una chufa, y que no moverlo era un error claro. Resultó que el proyecto era, efectivamente, una chufa. A ver si es verdad que me equivoco con lo de mantener el estadio en el mismo sitio. Ojalá, pero me temo que el tiempo dará la razón otra vez, y no precisamente a mí, sino a todos los demás que están haciendo lo mismo por algo.
Un saludo especial a los que consideraban que la reducción del aforo de 33.000 a 24.000 era una gran idea. Ahora estamos como estamos.
?Pero de qué ciudades hablas? ?Valladolid, Santander, Gijón, Cascarilla City? Porque son las más parecidas a Vigo y en ninguna veo nada de eso. El nuevo San Mamés tampoco es que lo hayan llevado a Barakaldo... Y no soy cerrado a ese tema, pero tampoco veo un plan de negocio tan claro llevando al estadio al quinto pino. Para mí la ubicación es mejorable, pero ya no tiene mucho remedio, y el principal problema del estadio es que es público.
Ninguén falou de levar o estadio ao quinto pino, Mr Proper. Eu non o fixen.
Efectivamente, o maior problema e que é público, e persoalmente penso que amais é un dos grandes pufos á cidadanía de Vigo, pero ese é outro tema.