Pois a mín sí que me convence o que se propón. Quizáis porque as miñas expectativas estaban moi baixas.
Polo menos co que se propón, despois do Mundial quedaría en Tribuna unha grada baixa e outra alta, como no resto do estadio. Nese aspecto remataríase a reforma total con máis sentido.
Outra tema son os plazos que se manexen, os millóns que valga a obra, o de refacer obras xa feitas....está claro que nese aspecto é un despropósito (o leva sendo dende que comezou a reforma, nada novo).
Pero insisto, no meu entender, a reforma que se plantexa non está nada mal para o que se agardaba. De feito, ainda que finalmente non haxa Mundial para Vigo, se o presuposto o permite, creo que deberían tratar de facer a grada fixa superior de Tribuna, o estadio melloraría bastante. Cada vez que vexo Tribuna...a vexo como unha grada de playmobil, vese demasiado pequena e con esa cuberta tan alta, non é estética.
A ver en que queda o tema. Realmente con que rematen Marcador e Gol para 2027, visto o visto xa nos damos cun canto nos dentes.