Independentemente de que agora un vaia conseguir mellor ou peor sitio, a bancada está mal e necesita unha solución.
Pero ninguén vai facer nada, mover o campo para Gol, modificar alturas, eliminar filas, etc. se non recoñecen o problema, e para eles (Concello e clube) non hai problema.
Hai que manifestar publicamente o problema. Non sei, unha protesta na bancada con pañolada ou poñéndonos de costas ao campo nun determinado momento ou cun cántico conxunto, non sei pero habería que facer algo para que se note, senon van pasar desto olimpicamente.
Persoalmente creo que, senon consigo unha boa localidade, vou presentar unha folla de reclamacións como consumidor ou usuario ao club despois do próximo partido, pedindo que se me devolva a parte proporcional dos partidos nos que teña falta de visibilidade. Ao mellor unha presentación masiva de follas de reclamacións sería unha forma de dar visibilidade ao problema.