Boas,
Vou opinar dende a visión dun coruñés (eu), a ver si dou outro punto de vista.
Na Coruña, tedes razón, a xente e a prensa ten moito sentimento de piña e orgullo por defender o de alí, esto é forte dende as alcaldías de Paco Vazquez, donde se moveu moi ben para que xente de diversas ideoloxías o votase vendendo que iba a facer pouco menos que unha cidade estado.
A Coruña non é capital de Galiza, e na súa provincia ten a Santiago, que en teoría é rival en canto a eventos, sedes e demais, pero co tempo, o coruñes asumiu que realmente, o que leva Santiago non lle interesa demasiado para a súa cidade, moito turismo con gasto medio moi baixo e masificación das rúas.
Despois dos anos 90 e o bum dos museos, paseos marítimos e demais, ainda que vaixou esa febre de modernizar a cidade, nunca deixou de ir picando cousas que se loitaban en piña por todos os actores públicos, pero menos que nos 90.
Agora mesmo, A Coruña ten un aura de modernidade que ven de Inditex claramente, unha cidade e área de influencia chea de millonarios gracias a Inditex, empresas auxiliares líderes mundiais no seu, e empresarios que venderon as súas a precio de ouro despois de medrar á sombra de Amancio e familia. E o curioso e bó, que eses millóns siguen circulando pola Coruña, non marcharon a Madrid, Paris ou Londres, e eso, nótase moito.
Esto todo, sen entrar no tema Depor, que é outra historia.
Saúdos dende a cheirenta Coruña!