Se lle desen a sede a Gijón e non a Coruña ninguén neste foro falaría de compensar investimentos nin de inxustiza no baremo, etc.
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk
Lóxicamente. Porque se lle deran a sede a Xixón a Xunta non poñería nin un céntimo en ningún lado. Creo que é sinxelo de entender. Se invirte nunha cidade un ente público que debe representar a todos os galegos e que se nutre dos impostos de todos os galegos, o que non pode haber é unha desproporción no investimento nas dúas princpais ciudades de Galicia.
Creo que é de xustiza que se reclame transparencia e por suposto que se compense a Vigo e ó Celta, non xa por non ser elexida sede senon porque non é de recibo que exista unha desproporción no investimento da Xunta entre ambas cidades.
Alo menos é a miña opinión.
Entón se a Xunta paga unha autovía de acceso a Vigo que ten, que facer outra en Coruña e outra en Ourense e outra en Lugo?
En cada cidade terá que ir invertindo o que se precise. Se en Vigo non se precisa no estadio porque non é sede, pois non se precisa. Noutro momento tocará ao revés.
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk
Non se trata diso. Cada sector, comunicacións, industrial, deportivo ten o seu investimento e trátase de que as aportacións das distintas Administraciones sexan mais ou menos proporcionais á poboación, fora de necesidades concretas de investimento por mor do desenrolo e a vertebración do territorio.
Como ben che están a decir, ceñíndonos ó aspecto puramente deportivo (pois se quixeramos ampliar o debate a outros sectores se distorsioaría o fío e enmarañaríamos todo) en Balaídos a Xunta nunca puxo un can, e en outros moitos estadios pon parné sen problema. Riazor acaba de cambiar toda a cuberta e agora saen coa sustentabilidade do proxecto porque a Balaidos haberia que reformar a cuberta dunha grada (Tribuna) e cun Custo inferior... non te das conta que TODO o relacionado coa elección da Coruña CHEIRA e non pouco?
Porque que Abanca salvase fai uns mese ó clube da cidade de desaparecer, e nomee como Conselleira do clube á responsable da venda das Caixas (regalo neste caso) a Abanca non é que cheire, e que apesta. E obviamente a Abanca vaille quedar un estadio top pagado por todos os galegos, que non te enganen cos choros ó Axuntamento porque o que queren é un estadio top pero pagar como agora ou menos, xa saiu á luz que o Deportivo se había adherido ó proxecto de reforma fai un ano.
E como estadios municipais o equipamento no so vai quedar para beneficio dos clubes (e empresas) máis representativas de ambas cidades, para que medren e leven o nome das cidades por España, Europa e o mundo adiante, senon tamén para a cidade para organizar eventos mundiais. E iso con cartos de modo directo e indirecto para a cidade e os seus habitantes.
Polo tanto sí, a Xunta ten que investir entre outros, en Balaídos (eu me centro en Balaidos porque é o que afecta ó Celta e este é un Foro do celta, non porque non haxa mais sitios donde investir), e para min iso é esixible por xustiza. Nada máis. Tampoco creas que teño nada contra a Coruña. Se se houbers feito a elección con luz e taquígrafos, sen sospeita algunha razonable de tongo como é o caso pois me aledaría porque non obstante é unha cidade galega, pero a mín e que todo me cheira a tongazo para mellorar cos cartos de todos os galegos infraestructuras para disfrute de unha empresa con tentáculos moi evidentes no poder politico galego e que naide proteste, porque claro, se fora elexida Vigo ian poñer cartos igualmente (spoiler: xa sabian que ía ser A Coruña)...