Polo que observo a única opción que vexo é reducir as dimensións do terreo de xogo. Non creo que sexa tan difícil calcular canto é necesario para mover o xusto e necesario al liñas de fondo, porque entendo que non serían tan parvos para alonxar mais a de Marcador para acercala mais á futura grada de Gol, porque entón en Gol vai ser un desastre a visibilidade.
Outra opción que deberían haber plantexado, e mais co lenta que vai a reforma do estadio, é replantexar a grada de Gol e facer algo distinto a Marcador. Unha grada de un só nivel con mais aforo podería resolver o problema de visibilidade de Marcador (ó poder alonxar o necesario o terreo de xogo), e de Gol (por motivos obvios) e de paso acadar ou acercarse ós+31.000 plantexados ó inicio da reforma. Sitio teñen de sobra para facelo, pero moito me temo que van ir de chapuza en chapuza, qué rabia co bonito que está quedando que haxa estos problemas técnicos que a día de oxe coa tecnoloxía que existe, non debería habelos.