Pero es que el artículo si que está hablando de eso Martín. Que lo adecenten y lo vayan mejorando es otra cosa con la que dudo que haya nadie que no esté de acuerdo.
Aí arriba parece que hai quen non o está.
Eu entro en Balaídos e miro as paredes cos bloques á vista, ao bruto, e paréceme unha chamborcada, porque tapalos e darlle unha man non pode custar tanto, porque se poden facer murais e mil cousas, ou mesmo planear unha estética brutalista se é o que se busca, pero deixalo así denota o que é: pasotismo. Logo resulta que Lula Goce ía facer un mural en Balaídos e agora vai denunciar porque a deixaron colgada. E así estamos.
Quen nos dera, por exemplo, imaxes de Lula Goce nos accesos interiores de Balaídos coas lendas históricas do equipo. Xa non sería algo chulo, senón que o propio equipo se estaría dotando dun patrimonio artístico. E non me veñades con que durarían pouco, porque hai formas de protexelas.
Poderían, por exemplo, iso, planear os lugares e montar unha campaña para que a xente votase quen debería estar representado, ou a orde na que se faga, incluso con algún xogo nas redes sociais para adiviñalo, etc. Hai mil cousas que se poden facer para xerar participación do afecionado e mellorar a experiencia e a relación co equipo. Seguro que se un equipo creativo se para a pensar, hai mil cousas.
Agora, o máis sinxelo e o máis cutre, dende logo, é deixar o bloque á vista. Isto está claro. A ese tipo de cousas me refiro. Non quedeses co dedo en lugar da lúa. Non é unha cuestión de bloques ao aire ou non, é cuestión de querer ser curioso e mellorar a experiencia con detalles non tan complicados (a priori).